miércoles, 6 de junio de 2012

OS SINAIS DE TRÁFICO I

O luns, empezamos a aprender os sinais de tráfico. Primeiro as profes léronnos o conto "O TRASNO MÁXICO" que falaba deles:


Despois, nos puxeron uns cantos sinais no encerado e tiñamos que averiguar que forma tiñan:





E para ver si estabamos moi atentos fixemos esta ficha:

Hoxe continuamos estudando os sinais. Despois do recreo fomos ao Salón de Actos todas as clases xuntas. Primeiro vimos na pantalla esta aplicación ¿CONOCES LAS SEÑALES? sobre os sinais que nos explicaba moi ben que forma teñen, de que cor son, o que significan ...


Despois proxectamos na pantalla unhas diapositivas da DGT sobre os sinais de tráfico:


E para rematar vimos a película "GUAY E OS LADRÓNS DE SINAIS":



Vos seguiremos contando todo o que vaiamos aprendendo sobre os sinais

No hay comentarios:

Publicar un comentario