Unindo o noso proxecto sobre Educación Vial coa nosa participación no Proxecto Colaborativo Libro Virtual sobre Gloria Fuertes, hoxe estivemos a traballar unha poesía desta gran escritora relacionada con este tema: "NO CRUCÉIS ATOLONDRADOS..."
Primeiro vimos un video sobre a poesía que preparei conVideoScribe, unha ferramenta que nos permite crear vistosos e orixinais videos que podemos compartir directamente en Youtube, Facebook,... ou gardar no noso ordenador, pero que ten un inconvinte: é de pago, só nos deixa descargar unha versión de proba durante sete días que é o que fixen eu.
Despois de ver o video e de que entre todos lésemos a poesía varias veces, a profe dounos unha ficha coa poesía escrita, pero había un problema: estaba incompleta. Así que nin cortos nin perezosos, a completamos e coloreamos a Gloria Fuertes e o seu coche:
E pola parte de atrás do folio, cada un fixo un debuxo libre sobre a poesía:
Desde hoxe e ata que acabe o curso, retomaremos o proxecto pero esta vez desde o punto de vista de pasaxeiros e condutores (de bicicletas, patíns,...)
Para lembrar o que xa aprendimos o ano pasado fomos á aula de informática e lle pedimos a Laretase a Semaforín(as nosas mascotas do proxecto) que nolo lembrasen:
A continuación fixemos este libro LIM que preparei no verán e que deixaremos na pestana de material de elaboración propia e na sidebar, para repasar os conceptos aprendidos: